Susana Garrido Pombo é unha cantante, música e compositora galega. O seu estilo músical abraza varios xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin.
Criouse en Traspielas, no municipio de Fornelos de Montes, onde as estancias coa súa avoa Leonora marcaron a súa música.
Ten unha ampla formación académica: Conservatorio de guitarra Historia da arte e musicología.
Formou parte do grupo folclórico Lembranzas Galegas, do grupo Sonhos, do grupo TREME (con Margarida Mariño) e en 2018 de “Son Trío” coa pianista e compositora Katerina Linke e a violonchelista Susanna Blanco.
En 2018 gravou o seu primeiro disco en solitario “Quedo a vivir aquí” e presentouno con xiras por Galicia, Portugal e Irlanda. En decembro de 2022 saíu “Patios de luz”.