Davide e Cibrán son grandes coñecedores da tradición musical galega, e co proxecto “Sen Xente” achégannos á música atlántica: música tradicional ibérica, fado, bolero e jazz; pasando polo filtro sonoro de instrumentos de corda (violins, violas, guitarras), ademais de sintetizadores e loops que nos trasladan a imaxinarios nunca antes percorridos. Unha proposta que, como indica o nome dun dos temas do seu repertorio, fala dunha «Terra sen Xente» que, aínda que profundamente melancólica, é á súa vez excepcionalmente romántica.
Manu Gómez New Orleans Band
Manu Gómez New Orleans Band é unha banda de jazz formada por un cuarteto de músicos profesionais que farán da túa voda un evento inesquecible. Cunha elegancia e enerxía incomparables, unen voz, guitarra acústica, contrabaixo e batería para revisar os clásicos do swing...