SACRA EXPANDIDO 2026
COMUNIDADE-MUSEO
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO
A Asociación SacraExperience, dende o ano 2025 centra o seu festival en diferentes espazos da Ribeira Sacra do Rio Miño, entres eles, os museos da Rede Museística Provincial de Lugo ,durante os meses de maio e xuño 2026. Para ter ocasión de xerar unha programación rica dende e para a comunidade que sexa presentada e recollida por entornos patrimoniais e Culturais de referencia como a Rede Museística Provincial de Lugo.
Deste xeito COMUNIDADE-MUSEO SACRA EXPANDIDO establécese coma unha cita regular de programación expandida do festival, unha programación que pon o foco nos proxectos comunitarios para dar protagonismos á xente que habita a paisaxe. Un encontro de artes en diálogo con espazos patrimoniais da provincia de Lugo como Pazo de Tor, Museo Provincial de Lugo, Museo de San Paio de Narla e Museo do Mar de San Cibrao. que afonda nos intereses da Asociación, dando un xiro definitivo a un formato de festival máis común, e descentralizando a programación, dando especial
importancia a como dialogan os espectáculos, foros, desfiles de moda e mostra de videocreacións nestes espazos referentes na actividad cultural da contorna rural. Artistas de artes escénicas primordialmenta que dialogan e co-crean coa Comunidade en proxectos previos que dan lugar a mostras de traballos e outros de eles que buscan propoñer pezas site especificar para o festival.
Adicando unha parte moi salientable ós colectivos en risco de exclusión social. Aos que se lles impide moitas veces o acceso cultural de calidade pola súa localización ou clase social e económica.
Por iso neste proxecto , hai unha aposta firme por procesos de creación onde os protagonistas son as Comunidades. Dando voz a moitas persoas que ata o de agora estaban invisibilizadas e, moitas veces, non potenciadas.
Repoboación a través da Cultura.
A Cultura coma motor de cambio para intervir os Territorios, sobre todo aldeas e pobos do interior de Lugo. Dentro desta programación, plantexamos programacións de Artes escénicas e musicais e xornadas de pensamento colectivo, para adultos e para os máis novos, que son os que verdadeiramente poden loitar por esta Galicia vaciada.


