Davide e Cibrán son grandes coñecedores da tradición musical galega, e co proxecto “Sen Xente” achégannos á música atlántica: música tradicional ibérica, fado, bolero e jazz; pasando polo filtro sonoro de instrumentos de corda (violins, violas, guitarras), ademais de sintetizadores e loops que nos trasladan a imaxinarios nunca antes percorridos. Unha proposta que, como indica o nome dun dos temas do seu repertorio, fala dunha «Terra sen Xente» que, aínda que profundamente melancólica, é á súa vez excepcionalmente romántica.
Steven García
Steven Garcia é un DJ e produtor de Brooklyn, Nova York coñecido polo seu estilo versátil e unha gran técnica de mestura. Descubriu a súa paixón pola música house no verán de 1988. Inspirado nos sons de Larry Heard, Frankie Knuckles e Marshall Jefferson, comezou a...