Compañía de danza profesional que nace no ano 2003 baixo a dirección de Carlota Peréz (coreógrafa, bailarina e historiadora da arte) que despois de traballar xunto ao produtor e deseñador gráfico Alex Piñeiro na creación e organización de proxectos culturais e festivais internacionais de teatro de rúa, iniciou a súa carreira como coreógrafa coa realización do seu primeiro espectáculo “Unha danza contemporánea estreada en Escondidas”. Dende esa data ata hoxe traballou con diferentes bailaríns: Armando Marten, Blanca Blanco, Alexis Fernández, David Loira, Katerina Valera e realizou colaboracións coreográficas con diferentes coreógrafos: Damian Muñoz, Gema Díaz, Chevy Muraday entre outros.
Durante os últimos 15 anos desenvolveu tamén numerosos espectáculos de Danza Inclusiva e proxectos comunitarios e é directora do “ENCONTRO DE ARTES POLA INTEGRACIÓN” que se celebra anualmente na CORUÑA e do FESTIVAL SACRA – festival das artes na Natureza que tamén se celebra como cita anual na Ribeira Sacra Lucense.
Localidade: A Coruña Provincia: La Coruña/A
Coruña CA: Galicia / Galiza
País: España
Distribuído por: CULTURATIVO
Información de contacto:
Persoa de contacto: Adriana ou Carlota
Teléfono: 625285717- 663301765
Email 1: experimentadanza@yahoo.es Email 2: experimentadanza2016@gmail.com
Web: www.artespolaintegracion.com