Su Garrido, Andrea Nunes e Colectivo DIVERSOS
“De corpo e palabra” — Danza, Teatro, Poesía e Música
De corpo e palabra é unha viaxe pola poesía a través da linguaxe da danza e o teatro. Ao tempo, é unha peza de loita contra un sistema social e económico que nos atrapa. Coa poesía en directo de Eva Veiga e Andrea Nunes e a voz e ambiente sonoro dun collage musical de Su Garrido.
Unha homenaxe ao máxico mundo das palabras e como estas habitan todo tipo de corpos. Espectáculo de danza e teatro inclusivo onde no elenco forman parte persoas con e sen diversidade. Unha proposta de Experimentadanza, dirixida por Carlota Pérez, que busca crear unha nova linguaxe onde a danza e a palabra fusiónense utilizando textos de Rosalía de Castro, Xela Arias ou Lorca.
Andrea Nunes
Escritora e activista feminista. Vincula a súa actividade poética co activismo LGBTQI+ dende os seus comezos. Publicou obras como Corrente do esquecemento e os seus versos habitan numerosas revistas e antoloxías colectivas.
Su Garrido
Cantautora e compositora con formación en musicoloxía. O seu estilo abrangue xéneros como a bossa, folk, jazz ou latín. Premiada en certames como o Premio Narf (2018) ou o Concurso Música Xove.
Discografía destacada: Quedo a vivir aquí (2018) e Patios de luz (2022).









