Clara López, Julio César Iglesias, Carlota Pérez e Pio López
“Antes de desaparecer” — Artes Escénicas Inclusivas
“Antes de desaparecer hai un lugar no que non se pode mirar de frente. Un centro invisible que atrae, insiste, chama…”
Antes de desaparecer é unha peza de danza sobre o umbral do descoñecido: ese punto onde xa non é posible soster o que somos e o corpo vese obrigado a transformarse. Unha exploración sobre a entrega e a experiencia de saltar ao baleiro, onde a linguaxe se disolve e o movemento altera o tempo e a memoria.
Julio César Iglesias Ungo
Bailarín profesional, profesor e coreógrafo graduado na E.N.A. da Habana. Foi bailarín principal de Danza Contemporánea de Cuba e colaborou con compañías de renome internacional como Ultima Vez ou Lees Ballets C de la B.
Creador do método Inner Tools e director do Cubeart Festival, a súa traxectoria inclúe coreografías para a Documenta Festival en Kassel e numerosos premios internacionais.
Carlota Pérez Fernández
Coreógrafa, Licenciada en Historia da Arte e directora de Experimentadanza dende 2003. Especialista en proxectos de inclusión social a través das artes, dirixe proxectos como SacraExperience e o SacraFestival.
Pioneira na danza inclusiva en Galicia, recibiu premios como o do Certame Coreográfico de Madrid e dirixe festivales como Artes pola Integración en Coruña e Santiago.









