Xornadas de pensamento

Xornadas de Pensamento

Xornadas de Pensamento

Espazos de creación na contorna rural


Un encontro para xuntar diferentes espazos de creación de España que habitan a contorna rural. O obxectivo é compartir experiencias, falar sobre fraxilidades e crear redes de visibilización e reflexión conxunta.

Participan: A Casa Vella, SacraExperience, Asociación Fixar, Rurealidades, La Animal a la Esquena, Asociación Ser, Fundación Ronsell, Fundación Uxío Novoneyra, Espazo Azala, Campo Adentro e Proxecto Abadía O Pelouro.

Modera e media: Natalia Balseiro. Un espazo para repensar como a cultura e os procesos creativos favorecen o progreso nos territorios e conectan as áreas rurais con núcleos urbáns e proxectos internacionais.

Reinventar a Paisaxe

Mostra do Encontro de Novos Creadores

Programa de co-living onde seis artistas de diversas disciplinas (deseño gráfico, danza, fotografía, artes plásticas e moda) conviven en SacraExperience baixo a inspiración da aldea de Pincelo e o pobo de Belesar.

Esta exploración creativa, que conta coa colaboración de “Máis que Románico”, culmina nunha exposición multidisciplinar e nunha reportaxe de seguimento que recolle a experiencia dos creadores no territorio e o seu patrimonio.

OUTROS ARTISTAS

No Results Found

The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.