Project Description

Vari Caramés

Autodidacta.

Ós nove anos trasládase a vivir á Coruña.

Con quince anos o seu pai, artista amateur, regáloulle unha cámara Voigtlander manual para que fotografiase os seus cadros, debuxos  e pezas de ferro forxado. Mais tarde utiliza a fotografía coma chuleta nos seus estudos de Arquitectura Técnica (que xamáis terminou. Nunca pretendeu vivir da fotografía, mais agora non pode vivir sen ela.

Interésalle conseguir que o cotidiano e o ordinario resulte extraordinario.

Busca evocar, suxerir e facer soñar ó espectador.

Amante do atemporal e de o indefinido.

Aprende a conseguir efectos dos defectos.

Non lle interesan as modas nin as tendencias .

Utiliza o B/N  e o color indistintamente.

Opina que no mundo de hoxe falta poesía e que a tecnoloxía non debería poderlle ás emocións.

É “mais instintivo que intelectual”, e cré que o azar é mais emocionante cá certeza.

Outros artistas do Sacra Festival

Contacta co Sacra Festival

Cubre o seguinte formulario e ponte en contacto connosco

    AXIÑA RECIBIRÁS NOTICIAS NOSAS!

    COMPARTE O SACRA FESTIVAL

    #SacraFestival