Project Description

Steven García

Steven García e un dj e productor de Brooklyn, Nova York, coñecido polo seu estilo versátil e grande técnica misturando na procura do eclecticismo musical.

Descubriu a súa paixón pola música House no verán de 1988 inspirado polos sons de Harry Heard, Frankie Knuckles e Marshall Jefferson, empezou a coleccionar vinilos eclécticos dende o soul á música disco, ata os elementos máis profundos do House, break beat e Techno. Uniuse ó colectivo de djs Funky Soul Rebels en 1996, que foron os responsables de organizar festas loft,  creando unha comunidade de amantes da música en Nova Iorque , Miami e San Francisco.

Publicou o seu primeiro Ep no 2000, co seu socio Seph , baixo o alias Seph and Ven, “Heat Wave” e o segundo titulado “In your Arms”, ambos recibiron unha grande crítica aparecendo en varias recopilacións. No 2001 publicaron “House for All” co selo galego House Café Music.

No ano 2003 trasladouse a vivir á Coruña e produxo o seu primeiro lp “Funk You Very Much”, publicando un dos seus singles en Café del Mar, e produxo un ano despóis con eles Mesmerize para ChillHouse Mix v 5. No 2011 , Steven e Seph cofundaron o selo privado Republic Music e no ano 2014 lanzou Baked Records co dj e productor Diego Santos, e entrou nos charts dos dj mais influíntes.

Outros artistas do Sacra Festival

Contacta co Sacra Festival

Cubre o seguinte formulario e ponte en contacto connosco

    AXIÑA RECIBIRÁS NOTICIAS NOSAS!

    COMPARTE O SACRA FESTIVAL

    #SacraFestival