Project Description

El Niño de Elche

Autor de discos como Si, a Miguel Hernández (2013), Voces do Extremo (mellor disco do ano 2015 para a prensa española) ou Colombiana (2019) entre outros, acaba de presentar o seu último disco titulado Memorial de Cante de Mis Bodas de Plata con el Flamenco. Publicou ademais dous libros de poemas e conversacións sobre arte titulados “No comparto los postres” (2016) e “Morbo legítimo” (2019), e con motivo da celebración das súas vodas de prata co flamenco, “Niño de Elche: In Memoriam. Posesiones de un exflamenco”.

En paralelo colaborou con institucións culturais como Museo Thyssen de Madrid, Fundación Tápies, Museo Picasso de Barcelona, o MACBA, o CAC de Málaga ou o Centro Pompidou de París, entre outros, en 2019 dirixiu o Festival Flamenco Madrid e exhíbese no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía unha peza sonora súa realizada a partir da obra de Val do Omar, titulada Auto Sacramental Invisible.

Protagonizou a película “Niños somos todos”(2019) dirixida por Sergi Cameron sobre a música en Bolivia e premiada como mellor documental español no Festival In- Edit e nomeada aos Premios Goya. Por esta película, Niño de Elche recibiu o premio Gaudí á Mellor Música Orixinal.

Outros artistas do Sacra Festival

Contacta co Sacra Festival

Cubre o seguinte formulario e ponte en contacto connosco

    AXIÑA RECIBIRÁS NOTICIAS NOSAS!

    COMPARTE O SACRA FESTIVAL

    #SacraFestival