Project Description

Mercedes Peón - Déixaas

Mercedes Peón presenta xunto con Mónica de Nut e Ana Fernández o seu último traballo, Déixaas, que é froito dunha intensa etapa de investigación sobre as posibilidades da arte sonoro levado ao ámbito onde Peón é un referente internacional: a música de raíz, a tradición máis xenuína.

Compositora, vocalista e instrumentista galega, Mercedes Peón é considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuíto da world music actual. A súa música contén unha variedade compositiva que comeza desde a polirritmia, baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminando en temas eclécticos e descaradamente vibrantes. O seu amplo repertorio e a enerxía que se apodera de cada unha das súas actuacións fan desta muller unha figura fundamental da escena etnocontemporánea en Europa.

A finais de 2012, Mercedes Peón comeza unha aventura musical co grupo Warsaw Village Band, de Varsovia. Participa nunha xira polo país polaco que culminou coa súa participación no álbum Sun Celebration (2015). Todo iso combinado coa composición do seu quinto disco en solitario, Deixaas, froito dunha intensa etapa de investigación sobre as posibilidades da arte sonoro. Sen abandonar as raíces da tradición, incorpora unha faceta contemporánea inspirada no traballo de campo con sons reais como os dos espazos industriais de Ferrolterra, dando pié a un disco de novo candidato a mellor disco europeo por Songlines. O universo creativo de Mercedes Peón amplíase así, ao combinar artesanía musical e vangarda creativa mentres mantén o seu discurso, sempre social e feminista. Esta traxectoria fai de ela una das artistas galegas máis destacadas de principios do século XXI.

Premio Nacional á Cultura da Xunta de Galicia

Artista do ano para Folkword

Candidata a artista do ano para BBC Radio 3

Artista Top TEN en a Revista Songlines

Outros artistas do Sacra Festival

Contacta co Sacra Festival

Cubre o seguinte formulario e ponte en contacto connosco

    AXIÑA RECIBIRÁS NOTICIAS NOSAS!

    COMPARTE O SACRA FESTIVAL

    #SacraFestival