Project Description

La Montagne y Pico Amperio

Versos medievais recitados sobre bases de hip hop, moito Flow e guiños á contracultura beatnik. O microcosmos que deseñan Laura la Montagne e Pedro Cuntín evidencian un insólito crossover entre sensibilidades do mais dispar. Galicia, mais que nunca, ensínanos as súas costuras. O duo la montagne e Pico Amperio xurde de maneira casual, como unha sorte de big bang en miniatura motivado polo choque de polaridades contrapostas.

Por unha banda a electrónica étnica e o rap mais abstracto, unha cantiga de Martín Codax, un poema de Rosalía de Castro ou unha

estrofa de Pessoa. Antes de iniciar este proxecto Laura La Montagne xa explorou as súas raíces, a través do que ela mesma denomina unha xenealoxía matriarcal de mulleres libres e sanadoras.

Aqueles primeiros viaxes iniciáticos a través das palabras e das miradas de decenas de nomes propios, de miles de versos inmortais, acabaron redimensionándose co apoio do mago do turntablism Pico Amperio, nome de guerra dun dj amamantado a base de beats school e adestramento á sombra do colectivo de hip hop ateneu. Como inesperada asociación o dúo galego coalla nun proxecto multiforme, xogando coa tradición galego-portuguesa das Cantigas de Amigo, a poesía Lorquiana ou a estética anglosaxona.

O eterno loop do son do atlántico.

Outros artistas do Sacra Festival

Contacta co Sacra Festival

Cubre o seguinte formulario e ponte en contacto connosco

    AXIÑA RECIBIRÁS NOTICIAS NOSAS!

    COMPARTE O SACRA FESTIVAL

    #SacraFestival