Project Description

PROXECTO DE FOTOGRAFÍA E TRANSFORMACIÓN SOCIAL PARA A COMUNIDADE

Proxecto destinado ós habitantes das aldeas disgregadas da Ribeira Sacra do Río Miño na provincia de Lugo, sobre todo nos municipios que pertencen a Chantada e Saviñao.

Un proxecto que fusiona cultura e transformación social, que pon o foco nun lugar invisibilizado en risco de despoboación.

A través das súas miradas ante a cámara, empregando como ferramenta os seus móbiles ou cámaras de usar e tirar, levaremos a cabo entre Carlota Pérez, historiadora da arte e xestora cultural, e Vari Caramés, fotógrafo profesional, unha selección dos mellores traballos fotográficos destas 30 persoas participantes do proxecto.

A selección final dará lugar a unha mostra de proxeccións sobre o traballo realizado, tanto dos habitantes da Ribeira Sacra, coma da mirada do fotógrafo Vari Caramés.

A mostra, acompañaráse da presentación dun libro de fotografías e de testemuñas das xentes que forman parte do proxecto maquetado e editado por David Carballal e en colaboración coa editorial Inoxidable.

Formará parte do proxecto Sacra Forma, para a creación duhha cultura de excelencia no ámbito rural.

Outros artistas do Sacra Festival

Contacta co Sacra Festival

Cubre o seguinte formulario e ponte en contacto connosco

    AXIÑA RECIBIRÁS NOTICIAS NOSAS!

    COMPARTE O SACRA FESTIVAL

    #SacraFestival