Project Description

Fabrica de Espejos

Fábrica de Espejos é unha formación de synth pop altamente emocional con cadencia shoegaze e dream pop que nace en Chantada (Lugo) en 2017. No seu son percíbese unha clara influencia da new wave 80’ s, de grupos como New Order, pero tamén certa cadencia do synth pop escuro. “As referencias máis claras supoño que están na escena indie española dos 90-00, e o shoegaze británico” afirman.

Tras dous EP, “Esferas” (2018) e “Astro Rey” (2019), chega da man de Ferror Records e Facela o seu primeiro longa duración: “Mundo Incerto” ( Ferror Records / Facela, 2021). Un disco gravado con Arturo Vaqueiro ( Humanoid) en Abrigueiro (Friol, Lugo) que supón un paso adiante realmente importante.

Estamos ante un traballo ambicioso co que constrúen un espello emocional que como un caleidoscopio reflicte imaxes entre luminiscencias de distintas intensidades. Atopámonos con atmosferas oníricas cargadas de melancolía; cun abandono da urxencia, abrazando a suavidade sen deixar de ser intensos, tecendo melodías redentoras envoltas en distorsión.

Soplos no corazón con letras espidas e certeiras. E é que as letras xogan un papel importante. Letras traballadas sobre o paso do tempo, melancolía, perda… “Tentamos que as letras formen parte da canción como o fan os demais elementos que a compoñen… Ao ser ‘máis directo’, a linguaxe falada parece que ten máis peso, pero para nós a parte vocal está totalmente ao servizo da canción. Dito isto, a composición das letras adoita ir unida aos primeiros acordes que fan sentir algo diferente, un estado de ánimo, o dese momento preciso, que se trata de atrapar coas palabras significativas e sinceras”.

A banda formada por Leticia Iglesias (voz), Isaac Ferreiro (voz e guitarra), Alex (baixista), Humberto Novoa (guitarra) e José Ángel Yeyes (bases electrónicas) colócase en primeira liña cun traballo realmente redondo. Da Boa Vida a Linda Guilala, dos Planetas a Beach House… Fábrica de Espellos seguen o seu propio camiño.

Outros artistas do Sacra Festival

Contacta co Sacra Festival

Cubre o seguinte formulario e ponte en contacto connosco

    AXIÑA RECIBIRÁS NOTICIAS NOSAS!

    COMPARTE O SACRA FESTIVAL

    #SacraFestival