Project Description

Unir vangarda e tradición é o obxectivo de Dulzaro, un proxecto que reivindica a figura de Federico García Lorca a través do seu imaxinario, combinando a sua poesía con sonidos modernos, como samples, loops e sintetizadores electrónicos. Desta forma consegue xustapoñer sons contemporáneos con poemas perdidos para acercalos ás novas xeracións, a través dunha voz con influencias do flamenco e do fado.
Unha proposta xurdida ás beiras do Pisuerga, en Valladolid, nutrida das súas raíces e folclore.
Un espectáculo onde se funda a tebra cun trazo de inocencia.
Un proxecto musical cunha nova paisaxe sonora, que bebe das influencias da música cinematográfica e da zarzuela.
Alberto Domínguez, con formación vocal clásica e pasión polo jazz, mantén un amor incondicional polas súas raíces. Héctor Varela, percusionista e batería especializado no mundo sinfónico, é amante da súa terra e seu folclore, e segue cada día investigando este estilo para o grande público. Gañadores de dous premios MIN 2022: Mellor Artista Emerxente e Mellor Canción.
Outros artistas do Sacra Festival
- Davide Salvado e Cibrán SeixoAgustin Sanoguera Gongora2022-07-08T05:22:07+02:00
Davide Salvado e Cibrán Seixo
- La Montagne e Pico AmperioAgustin Sanoguera Gongora2022-07-08T05:14:11+02:00
La Montagne e Pico Amperio
- Experimenta Danza, No me toques o SecretoAgustin Sanoguera Gongora2022-07-08T09:46:46+02:00
Experimenta Danza, No me toques o Secreto
Contacta co Sacra Festival
Cubre o seguinte formulario e ponte en contacto connosco
AXIÑA RECIBIRÁS NOTICIAS NOSAS!
COMPARTE O SACRA FESTIVAL