Project Description

Davide Salvado e Cibrán Seixo

Davide e Cibrán son grandes coñecedores da tradición musical galega, e co proxecto Sen Xente tráennos as músicas atlánticas: as tradicionais ibéricas, o fado, bolero e o jazz; pasadas polo filtro sonoro de instrumentos de corda (violíns, violas, guitarras) e sintetizadores e loops que nos achegan a imaxinarios nunca antes transitados. Unha proposta que, como seu mesmo nome e un dos temas do seu repertorio indican, fala dunha “Terra sen Xente” que aínda que profundamente melancólica resulta á súa vez excepcionalmente romántica.

Davide ten formación autodidacta, e durante a súa mocidade percorreu a xeografía galega recollendo música tradicional non só de Galicia senón tamén doutros moitos lugares do noroeste peninsular. Premio Martín Códax na categoría de música tradicional galega en 2014 e tamén en 2017. Cibrán Seixo, de formación clásica, e desde a infancia adicado ao estudo da música, traballou cun grande número de artistas galegos e internacionais, e o seu amor e interese pola música galega o levou a adicarse por enteiro á súa paixón: as músicas de raíz.

Outros artistas do Sacra Festival

Contacta co Sacra Festival

Cubre o seguinte formulario e ponte en contacto connosco

    AXIÑA RECIBIRÁS NOTICIAS NOSAS!

    COMPARTE O SACRA FESTIVAL

    #SacraFestival