Project Description

Davide Salvado é sen dúbida una das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. O seu novo disco “Lobos” está composto de dez temas cheos de amor pola tradición, por Galicia, pola súa lingua e as súas xentes. O artista asegura que está feito desde o corazón, como un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é. E desde esa enerxía local a súa música transfórmase nun son global.

En 2015 publicou Lobos, disco producido por Pedro Pascual ( Talabarte, Marful) e nel colaboran músicos da talla de Xavi Lozano ( Coetus), Quim Farinha ( Berrogüetto), Miguel Hiroshi ou LAREIRA Legido ( Sumrra), entre outros.

Outros artistas del Sacra Festival

Contacta co Sacra Festival

Cubre o seguinte formulario e ponte en contacto connosco

    AXIÑA RECIBIRÁS NOTICIAS NOSAS!

    COMPARTE O SACRA FESTIVAL

    #SacraFestival