Project Description

Compañia 5s

MATER

Espectáculo multidisciplinar e inclusivo destinado a un público familiar, a peza rinde homenaxe ás nais, sobre todo a esas nais que se adican ás Artes e conviven coa complexidade da conciliación, e mais sendo nai separada fai xa 7 anos. Trátase dun diálogo entre os dous protagonistas, Carlota e o seu fillo de 9 anos Teo, que leva tempo participando nos seus proxectos artísticos.

A peza a protagoniza tamén o dj Pascal Kleiman, un dos máis destacados djs en Europa: para el a súa nai foi unha peza fundamental dende a súa infancia, xa que nace sen brazos e as suas mans son os seus pes.

Mater fala das relacións entre as nais e os fillos, tamén fala das familias, dos medos e das marabillas de poder compartir o mundo artístico cun fillo que se atreve a sair a escea como protagonista da peza.

EXPERIMENTADANZA

É unha compañía de danza-teatro e inclusión social formada no ano 2009 da man da coreógrafa, historiadora da arte e xestora cultural Carlota Pérez co apoio da Concellería de Servizos Sociais da Coruña. A filosofía da compañía consiste en crear unha interconexión entre todas e todos as/os alumnas/os, a través do traballo artístico, potenciando as capacidades creativas de cada un/ha deles/as. O fío narrativo acompáñase sempre de diferentes disciplinas artísticas que potencian o talento de cada persoa. O proxecto busca novos espazos para a comunicación e pon de manifesto como un mal uso dos nosos órganos sensoriais pode formentar a violencia e a frialdade nas relacións humanas. Nos case dez anos de traxectoria de Experimentadanza, a compañía ten posto en escena diversos espectáculos entre os que cabe destacar: “Picasso. A ollada nas mans”, “O terceiro sorriso”, “Espazos Rotos ou Cerebro”, “Habitados”. Nesta súa traxectoria nas artes e accións ou espectáculos inclusivos, ten levado a cabo máis de 20 espectáculos de danza para nenas/os e adultas/os con xiras locais, nacionais e internacionais.

Outros artistas do Sacra Festival

Contacta co Sacra Festival

Cubre o seguinte formulario e ponte en contacto connosco

    AXIÑA RECIBIRÁS NOTICIAS NOSAS!

    COMPARTE O SACRA FESTIVAL

    #SacraFestival