Project Description

Descobre con Roberto Regal a singularidade dos viños que se elaboran na Ribeira Sacra.
Unha actividade que pon en valor a cultura do viño, incluíndo a visita a 4 viñedos da comarca e a cata dos 4 viños deses mesmos terruños, no marco do Proxecto ENONATUR, na que o Roberto Regal trasladaranos a súa visión persoal dos viños de leira que se elaboran na Ribeira Sacra.
O ecólogo e ornitólogo Ignacio Munilla de MUNILLA BIODIVERSIDADE, encargarase de realizar unha escoita de paxaros durante o traxecto , así como de que podamos mergullarnos na paisaxe natural e arquitectónica e a historia da mesma en relación coa viticultura.
A actividade está creada para que podamos coñecer en primeira persoa, as características propias dos viños de leira e a súa relación co seu microhábitat. Unha experiencia que tamén nos introducirá nunha historia persoal de compromiso coa terra e da aposta pola conservación do seu legado vitivinícola.
Inclúe:
- VISITA A 4 VIÑEDOS DIFERENTES : durante 3 horas paseando polos viñedos descubriremos 4 terruños que contan 4 historias diferentes e comentaremos as características de cada unha delas e como se cultivan.
- CATA CON ROBERTO REGAL: durante unha comida cataremos con Roberto Rgal, cataremos os viños de cada unha das leiras que foron visitada con anterioridade.
- COMIDA: os alimentos que se degustarán na cata de viños proceden da zona e serán seleccionados e preparados por un cociñeiro local.
Outras actividades do Sacra Festival
Contacta co Sacra Festival
Cubre o seguinte formulario e ponte en contacto connosco
AXIÑA RECIBIRÁS NOTICIAS NOSAS!
COMPARTE O SACRA FESTIVAL