Project Description

Carlota Pérez

Historiadora da Arte, coreógrafa e Xestora Cultural

Máster La Fábrica en Dirección de Proyectos Culturales.

Traballa de Galerista durante dous anos na Galería Vilaseco, e no ano 2000 crea Trebellar, unha empresa de Xestión Cultural que logo se há convertir en Experimenta Cultura. Como directora artística de proxectos de Xestión Cultural, traballa para institucións públicas e privadas. Durante esta traxectoria dirixe e crea Caixanova na Rua e Rúa Aberta , Festival Internacional de Artes de Rúa, R, Ruada, Dinamización Cultural para El Corte Inglés, Cenas Medievais Porta Do Camiño, Espectáculos á carta para Bingos e Casinos, Festival Espazos que Danzan na Coruña, Lugo e Vigo, Festival Fai etc., e comeza a levar a danza e oturas Artes e a Museos, Fundacións de Arte…

Paralelamente no ano 2003 crea a súa propia compañía de danza-teatro, Experimentadanza, que permanece a día de hoxe, na que dirixe máis de 20 espectáculos para nenas/os e adultas/os e gaña diferentes premios coreográficos no ámbito Español.

Dende o ano 2009 especialízase en proxectos de transformación social a través das Artes e crea a compañía de Artes inclusivas 5s e o festival Encontro Artes pola Integración, sendo este ano a 11ª edición na cidade de A Coruña.

Dende fai seis ano dirixe o festival Sacra Festival, na Ribeira Sacra do Miño: Artes e Natureza, e dende fai dous anos múdase a vivir a unha aldea, Lugar de Pincelo da Ribeira Sacra, onde crea Sacra Experience, un lugar para a formación en Artes para adultas/os e nenas/os, aluguer de espazos, así como A Terraza de Pincelo, para degustación de productos locais.

Outros artistas do Sacra Festival

Contacta co Sacra Festival

Cubre o seguinte formulario e ponte en contacto connosco

    AXIÑA RECIBIRÁS NOTICIAS NOSAS!

    COMPARTE O SACRA FESTIVAL

    #SacraFestival