Project Description

Caamaño & Ameixeiras

O dúo, ligado á música e ao baile de raíz, compóñeno Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz). Formado no 2018, acumula na súa curta pero intensa traxectoria, un gran número de concertos, tanto dentro de Galicia, coma no ámbito internacional.

De natureza principalmente instrumental, aínda que incorporando tamén algún tema vocal coidadosamente escollido, Caamaño&Ameixeiras toma como punto de partida a tradición, entendida como algo vivo e en constante cambio, para crear despois a súa propia linguaxe, con composicións e arranxos personais e íntimos que manteñen a esencia do popular mais incorporan recursos contemporáneos.

«Aire!» é o seu primeiro traballo discográfico, producido polo recoñecido músico burgalés Diego Galaz, onde contan con colaboracións tan destacadas como Sílvia Pérez Cruz, Fetén Fetén, Abraham Cupeiro, Xavi Lozano, Carola Ortiz, Pablo Martín, Apel·les Carod ou El Pana.

Outros artistas del Sacra Festival

Contacta co Sacra Festival

Cubre o seguinte formulario e ponte en contacto connosco

    AXIÑA RECIBIRÁS NOTICIAS NOSAS!

    COMPARTE O SACRA FESTIVAL

    #SacraFestival