7 AGOSTO
ADEGA VÍA ROMANA – CARBALLOLANDIA
Electrónica,
flamenco &
inclusión
Un festival que se atreve a mesturar un espectáculo inclusivo con música electrónica e flamenco renovador? O Sacra Festival axenda unha xornada coa Compañía 5S, Surma e Niño de Elche, incluíndo no programa o Cata Istorias, un xeito outro de achegarse ao viño e os produtos locais a cargo de Roberto Regal.
Este festival forma parte do proxecto
Concibida coma unha iniciativa transformadora, Sacra Experience é un exercicio de responsabilidade e sostibilidade para pór nas mans de todos unha selección de artistas que están na procura de canles de comunicación co espazo natural, a paisaxe e a comunidade.
Ademais do Sacra Festival, o proxecto ofrece outras opcións para vivir a Ribeira Sacra dun xeito outro, con aloxamentos á beira do río e co Sacra Forma, un programa estable de formación multidisciplinar.
Colaboran co Sacra Festival
Contacta co Sacra Festival
Cubre o seguinte formulario e ponte en contacto connosco
AXIÑA RECIBIRÁS NOTICIAS NOSAS!
COMPARTE O SACRA FESTIVAL